8/10/07

O galego e a publicidade

Está a pasar agora na tele, mais por se non o vistes aquí o tendes. Non se trata de facerlles publicidade, senón de que vexades como os tópicos, ben utilizados, poden dar moito xogo. E iso que os de gadis non eran precisamente receptivos ao uso do galego nas súas campañas...

2 comentarios:

Anónimo dijo...

A verdade cando vin por primeira vez o anuncio na galega, pensei que fora feito pola xunta de Galiza, para formentar o turismo.
Pero cando acabou o anuncio deime conta de que era do supermercado Gadis. Este anuncio é un dos melloriños que vin na galega, e tamen ten un humor moi bo, a presentación é moi animada, e creo que da algunhas das características dos galegos.
Grazas por poñelo.


Natalia 3ºB

miguel dijo...

Concordo co comentario. É unha clara mostra de que os mesmos clichés, dependendo de como sexan tratados, dan por resultado unha paifocada ou, pola contra, algo de xeito e co que podemos identificarnos.