5/10/07

Concurso literario


Informámosvos da convocatoria do certame Manuel-Orestes Rodríguez de narrativa e poesía. Se queredes participar tendes de prazo até o trinta de novembro para escribir un relato dun máximo de vinte folios, ou un poema de como moito cen versos (que xa son versos!). Deben ser obras inéditas, en galego ou español, e hai dous premios de 600 euros para as obras gañadoras (unha en cada modalidade).
Para quen estiver interesado, as bases pódense consultar en: http://www.galiciadigital.com/pcd/Cultura/bases.php?concurso=37
ou pasade directamente polo departamento, no segundo andar do instituto, e facilitámosvos unha copia das mesmas.
Ánimo e que as musas vos sexan propicias!

1/10/07

3º ESO


Este é o voso espazo, alumnos de terceiro! Aquí aparecerán avisos, datas de exames e outras probas, lembranzas de devolución de libros, e todo aquilo que nos pase pola cabeza. Pola vosa parte, calquera comentario que queirades facer aos profesores poderedes tamén envialos desde aquí.
Bon comezo de curso!
PS: Se vos gusta o debuxo da páxina, en www.aduaneirossemfronteiras.org podedes ver máis.

30/9/07

1º Bacharelato


Este é o lugar destinado ós alumnos de 1º de Bacharelato desde onde podedes facer todas aquelas consultas que queirades sobre a materia de Lingua Galega e Literatura.
Xa sabedes que neste primeiro trimestre hai que ler os libros "Os outros feirantes" de Álvaro Cunqueiro e "Xente ao lonxe" de E. Blanco Amor. Durante esta primeira semana de octubro estarán no departamento á vosa disposición para préstamo.

2/3/07

Luís Seoane


O noso instituto leva o seu nome e a el vai adicada a primeira entrada que publicamos neste blog.