11/5/08

Festival " Ben veñas, maio"




Celebrouse o pasado día 9 no Pazo da Cultura coa participación de 8 grupos musicais dos institutos de Pontevedra. O certame foi presentado polos nosos alumnos David e Helena.


Tamén se deron os premios os gañadores dos diferentes concursos que compoñen o "Ben veñas, maio" : fotografía, banda deseñada, rap, poesía e narrativa.


Durante os días 14, 15 e 16 vaise celebrar a semana teatral coas representacións que levarán a cabo grupos de 5 institutos no Teatro Principal.

19/1/08

Chegou o Entroido




O sábado estiveron na nosa vila un bo grupo de cigarróns de Verín para pasear por Pontevedra unha das tradicións máis antigas e vivas da nosa terra.