17/10/07

O Samaín



Xa nos imos achegando a esa data na que os antigos pobos celtas celebraban a transición do outono ó inverno. É a noite na que os espíritos dos defuntos podían camiñar entre os seus parentes vivos. Tamén significaba a chegada do aninovo no mundo celta.

No noso instituto celebraremos a tradición un ano máis. Xa sabedes que os alumnos de 2º da E.S.O. son os encargados de traer todo o material necesario para continuar co rito. A montaxe realizarase o día 30 de octubre ó rematar as clases da tarde.

11/10/07

Lembranza aos de 3º B


Lémbrase á primeira quenda de lectores de Conta saldada que o día de devolución do libro é o martes 16, sen posibilidade de ampliación. Quen non o traia vaino buscar a casa! Quen me avisa meu amigo é.
Xa tendes para facer na ponte...

8/10/07

O galego e a publicidade

Está a pasar agora na tele, mais por se non o vistes aquí o tendes. Non se trata de facerlles publicidade, senón de que vexades como os tópicos, ben utilizados, poden dar moito xogo. E iso que os de gadis non eran precisamente receptivos ao uso do galego nas súas campañas...

5/10/07

non todos están a favor do galego no ensino...


mais a mellor arma contra a estupidez é o sentido do humor!
Se non tendes nada mellor que facer, botade unha espreitadela no seguinte blog:
www.tangallegocomoelgazpacho.blogspot.com

Concurso literario


Informámosvos da convocatoria do certame Manuel-Orestes Rodríguez de narrativa e poesía. Se queredes participar tendes de prazo até o trinta de novembro para escribir un relato dun máximo de vinte folios, ou un poema de como moito cen versos (que xa son versos!). Deben ser obras inéditas, en galego ou español, e hai dous premios de 600 euros para as obras gañadoras (unha en cada modalidade).
Para quen estiver interesado, as bases pódense consultar en: http://www.galiciadigital.com/pcd/Cultura/bases.php?concurso=37
ou pasade directamente polo departamento, no segundo andar do instituto, e facilitámosvos unha copia das mesmas.
Ánimo e que as musas vos sexan propicias!

1/10/07

3º ESO


Este é o voso espazo, alumnos de terceiro! Aquí aparecerán avisos, datas de exames e outras probas, lembranzas de devolución de libros, e todo aquilo que nos pase pola cabeza. Pola vosa parte, calquera comentario que queirades facer aos profesores poderedes tamén envialos desde aquí.
Bon comezo de curso!
PS: Se vos gusta o debuxo da páxina, en www.aduaneirossemfronteiras.org podedes ver máis.